14 de decembro de 2018

Restringido   Contacto  Engador a Favoritos

Inicio

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE DODRO

 


Home / ELECCIÓNS / Candidatura / CURRÍCULUM DO CANDIDATO

Candidatura

CURRÍCULUM DO CANDIDATO

Artuto Díaz Díaz  nado o 8 de Outobro de 1946 en Sober (Lugo). Ó longo da súa traxectoria profesional exerce como profesor de autoescola e como mestre de Taller de Automoción. Máis tarde é profesor en E.X.B na especialidade de Matemáticas e remata os seus estudios no I.N.E.F. acadando a especialidade de Educación Física, asignatura que imparte na actualidade no C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón dende o ano 1987.

Aínda que reside neste concello dende fai once anos, dende a súa chegada no ano 1987 implicouse moi directamente nas  actividades deportivas e socioculturais. Na actualidade segue mantendo moitos deses compromisos: Vicepresidente do Clube Deportivo Dodro, Vicepresidente da Comunidade Veciñal do Montiño, Presidente e Adestrador do C.D. Os Bacelos, Concelleiro do PSdeG-PSOE no Concello de Dodro dende o ano 1999 sendo nomeado Voceiro desta Agrupación e, na actualidade, Secretario de Acción Municipal.  Recentemente foi elexido como candidato á alcaldía por este partido para as próximas eleccións do 27 de Maio de 2007.

 

 

 

 

 

PSdeG-PSOE DODRO
E-mail: dodro@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IE, Nestcape 4.0 ó superiores y Opera